domingo, 15 de mayo de 2016

PACKAGING

Para o penúltimo traballo de esta asignatura decidín facer o packaging de unha caixa de clips, algo simple pero directo e efectivo. A plantilla está feita por min, inspirada nunha das tantas que xa hai no mercado.
Ao principio, a miña caixa non iba ter unha fotografía duns clips na parte inferior, o que faría que o valor de fabricación fora baixo e así permitise sacala ao mercado dun xeito máis económico (sería capaz de dicir ''moi barato''). Tras moito dubidar, decidín engadir a imaxe, o que lle daría a caixa un maior aspecto de ''calidade'' e vendería máis visualmente, ao igual que sería máis recoñecible como un envase do producto a vender.
Despois de analizar outras caixas de clips que xa hai no mercado, cheguei a conclusión que un texto breve e directo, ao igual que o de estas, sería a solución. Tamén tiven unha discusión interna polo material a utilizar, pero finalmente decanteime polo cartón (aínda que o prototipo está feito de cartulina) xa que é máis económico e máis lixeiro á hora de transportar. Eso mesmo me pasou coa forma da caixa, xa que nun principio tiña a idea na cabeza de facelo con forma circular.  Finalmente, deime conta que para o seu transporte e á hora de colocalo para vender, esa forma non funcionaría e resultaría cara e incómoda, polo que optei por unha plantilla orixinal pero á vez, funcional. A típica forma rectangular volve a ser elexida unha vez máis, en este caso por min. Non quería que fora a típica caixa cadrada, así que decidín darlle un toque persoal e facela máis moderna e útil. Por que digo útil? A quen non lle pasou de intentar quitar un clip nas típicas caixas que hai no mercado e que con el, lle caen 50? Pois coa miña proposta, só teríamos que levantar, sinxelamente, unha tapa (a cal está amarrada por un dos seus lados e impide que se perda) e coller, comodamente, o número de clips que precisemos sin a necesidade de que caian.
Na parte superior, na tapa, dicidín escribir unicamente a marca, o número de unidades (xunta cun pequeno dibuxo do obxeto a vender), a palabra ''COLORES''  (en diferentes tons) e un pequeno logo que indica que esta marca de clips leva no mercado dende 1964. Como eu, a creadora, non vou decidir de que forma se van colocar á hora de espoñelos (non sei se realmente van estar uns encima de outros), na parte dianteira coloquei a imaxe dos clips (atrae visualmente xa que cando vas compralos, vese claramente cal é a caixa sen necesidade de leer). Ademais da imaxe, coloquei a marca e o número de unidades novamente (neste caso non incluin o dibuxo do clip porque sería información innecesaria gracias á imaxe). Nos dous laterais, situiei na parte baixa as palabras ''Clips e ''Colores'' (con diferentes tons tamén), para axilizar, novamente, a venta. Na parte inferior do artículo, para rematar, coloquei o código de barras, un pequeno símbolo que indica que é un envase reciclable e a información da empresa que os fabrica.
Respeto ao cambio na plantilla, a cor negra sobre o azul, ao imprimir o prototito, dificultaba a lectura, polo que opteu por cambialo pola cor branca. Deste xeito a lectura é máis áxil e estéticamente, ao meu parecer, queda tamén máis bonito. Tamén lle cambiei a cor de fondo ao logo superior, ao que igual que ao da cara frontal, añadinlle un pequeno fondo blanco.
 A continuación deixarei algunha foto do prototipo feito con cartulina, as plantillas e algunha foto que outra das caixas de clips que xa hai no mercado (as cales analicei):
Plantilla final.

Plantilla proba 1



Plantilla feita por min para a caixa

Foto da parte inferior do prototipo

Vista dianteira do prototipo
Prototipo tapa aberta

Foto dende punto de vista superior prototipo





Caixas analizadas:





3 comentarios:

  1. ke vonita, kuanto kuesta? ¡¡¡kiero unaaaaaaaaaa!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. 0,50€ x aliexpress no t fies d ana q las bende a 5€ xddd

      Eliminar
    2. Ou me deixades en pas ou vos queimo a casa.

      Eliminar