martes, 17 de mayo de 2016

CADEIRA


A cadeira que diseñei está composta por tres pezas: un asiento (cos brazos incluidos), un respaldo, e un pé, O material que elexín foi o bronce, un metal que persoalmente me encanta (estéticamente) e é duradeiro. Grazas á utilización de este, a cadeira poderá ser colocado tanto nun exterior como no interior de algún habitáculo, a cal sempre estará anclada ao chan (de forma que máis que unha cadeira útil, será máis un obxeto de decoración).

O asiento estará composto por unha lámina de bronce en forma de ''U'', a cal estará rematada cunha espiral nos dous lados formando os repousabrazos da cadeira. Para facer o respaldo, utilizarei outra chapa de metal. Esta estará colocada por debaixo do asiento e salirá pola parte de atrás elevándose ata a altura da nuca dunha persoa de estatura media. Para soportar toda esta estructura, colocarei unha única pata que estará anclada ao chan e terminará en forma circular.



Vistas diédricas

Vista axonométrica
Mostra do material da cadeira (bronce)

Bocetos

No hay comentarios:

Publicar un comentario