martes, 17 de mayo de 2016

CADEIRA


A cadeira que diseñei está composta por tres pezas: un asiento (cos brazos incluidos), un respaldo, e un pé, O material que elexín foi o bronce, un metal que persoalmente me encanta (estéticamente) e é duradeiro. Grazas á utilización de este, a cadeira poderá ser colocado tanto nun exterior como no interior de algún habitáculo, a cal sempre estará anclada ao chan (de forma que máis que unha cadeira útil, será máis un obxeto de decoración).

O asiento estará composto por unha lámina de bronce en forma de ''U'', a cal estará rematada cunha espiral nos dous lados formando os repousabrazos da cadeira. Para facer o respaldo, utilizarei outra chapa de metal. Esta estará colocada por debaixo do asiento e salirá pola parte de atrás elevándose ata a altura da nuca dunha persoa de estatura media. Para soportar toda esta estructura, colocarei unha única pata que estará anclada ao chan e terminará en forma circular.



Vistas diédricas

Vista axonométrica
Mostra do material da cadeira (bronce)

Bocetos

domingo, 15 de mayo de 2016

PACKAGING

Para o penúltimo traballo de esta asignatura decidín facer o packaging de unha caixa de clips, algo simple pero directo e efectivo. A plantilla está feita por min, inspirada nunha das tantas que xa hai no mercado.
Ao principio, a miña caixa non iba ter unha fotografía duns clips na parte inferior, o que faría que o valor de fabricación fora baixo e así permitise sacala ao mercado dun xeito máis económico (sería capaz de dicir ''moi barato''). Tras moito dubidar, decidín engadir a imaxe, o que lle daría a caixa un maior aspecto de ''calidade'' e vendería máis visualmente, ao igual que sería máis recoñecible como un envase do producto a vender.
Despois de analizar outras caixas de clips que xa hai no mercado, cheguei a conclusión que un texto breve e directo, ao igual que o de estas, sería a solución. Tamén tiven unha discusión interna polo material a utilizar, pero finalmente decanteime polo cartón (aínda que o prototipo está feito de cartulina) xa que é máis económico e máis lixeiro á hora de transportar. Eso mesmo me pasou coa forma da caixa, xa que nun principio tiña a idea na cabeza de facelo con forma circular.  Finalmente, deime conta que para o seu transporte e á hora de colocalo para vender, esa forma non funcionaría e resultaría cara e incómoda, polo que optei por unha plantilla orixinal pero á vez, funcional. A típica forma rectangular volve a ser elexida unha vez máis, en este caso por min. Non quería que fora a típica caixa cadrada, así que decidín darlle un toque persoal e facela máis moderna e útil. Por que digo útil? A quen non lle pasou de intentar quitar un clip nas típicas caixas que hai no mercado e que con el, lle caen 50? Pois coa miña proposta, só teríamos que levantar, sinxelamente, unha tapa (a cal está amarrada por un dos seus lados e impide que se perda) e coller, comodamente, o número de clips que precisemos sin a necesidade de que caian.
Na parte superior, na tapa, dicidín escribir unicamente a marca, o número de unidades (xunta cun pequeno dibuxo do obxeto a vender), a palabra ''COLORES''  (en diferentes tons) e un pequeno logo que indica que esta marca de clips leva no mercado dende 1964. Como eu, a creadora, non vou decidir de que forma se van colocar á hora de espoñelos (non sei se realmente van estar uns encima de outros), na parte dianteira coloquei a imaxe dos clips (atrae visualmente xa que cando vas compralos, vese claramente cal é a caixa sen necesidade de leer). Ademais da imaxe, coloquei a marca e o número de unidades novamente (neste caso non incluin o dibuxo do clip porque sería información innecesaria gracias á imaxe). Nos dous laterais, situiei na parte baixa as palabras ''Clips e ''Colores'' (con diferentes tons tamén), para axilizar, novamente, a venta. Na parte inferior do artículo, para rematar, coloquei o código de barras, un pequeno símbolo que indica que é un envase reciclable e a información da empresa que os fabrica.
Respeto ao cambio na plantilla, a cor negra sobre o azul, ao imprimir o prototito, dificultaba a lectura, polo que opteu por cambialo pola cor branca. Deste xeito a lectura é máis áxil e estéticamente, ao meu parecer, queda tamén máis bonito. Tamén lle cambiei a cor de fondo ao logo superior, ao que igual que ao da cara frontal, añadinlle un pequeno fondo blanco.
 A continuación deixarei algunha foto do prototipo feito con cartulina, as plantillas e algunha foto que outra das caixas de clips que xa hai no mercado (as cales analicei):
Plantilla final.

Plantilla proba 1



Plantilla feita por min para a caixa

Foto da parte inferior do prototipo

Vista dianteira do prototipo
Prototipo tapa aberta

Foto dende punto de vista superior prototipo





Caixas analizadas:





jueves, 5 de mayo de 2016

CARTEL ÉXODO

Tras as críticas (constructivas) cara o meu anterior cartel para a exposición, decidín volver a facelo pero, de esta vez, coa imaxe do cadro exposto por  Nuria Méndez, unha das alumnas do bacharelato artístico. Aínda que normalemente os carteles estan orientados verticalmente, a utilización de este cadro (tanto a imaxe como o ton que ten me parecen axeitados) precisaba que se fixera horizontalmente. 


DEFINITIVO:


Cartel anterior

jueves, 7 de abril de 2016

INFOGRAFÍA

''90 millóns detoneladas de peixe son extraídas dos océanos cada ano.''

FINAL







1ª PROBA:

domingo, 6 de marzo de 2016

PUBLICIDADE HAMBURGUESA VEGANA

 Esta é a miña publicidade dunha hamburguesa vegana. Decidín facer como se  este alimento fose de un establecemento coñecido, La Petite , donde promocionan un desconto dun 40% nas hamburguesas de luns a mércores na súa hamburguesa vegana (BurguerVegan). 
 Os dous logos, tanto o da hamburguesa vegana e o do resturante, estan feitos por min. Nos dous utilicei un dibuxo simplificado de un bocadillo.
 Para realizar a imaxe de fondo, creei no meu comedor un intento de estudo a partir de dúas cartulinas blancas. A foto realiceina coa miña cámara, a Nikon D3200, e cun obxetivo de 50mm.
 Para a miña publicidade busquei un anuncio simple pero directo, donde é recoñecido o establecemento e claramente, a hamburguesa a vender. 
 A continuación deixarei un par de fotos da evolución do traballo (non me berres por estar queimadas que as saquei en raw e subinlle a exposición): 
                                           
  
   

Intento de estudo

Logo establecemento


Comezos do logo