domingo, 6 de diciembre de 2015

SAFARI TIPOGRÁFICO

CORRECTAS:
O miudiño: Creo que a utilización do blanco sobre o negro dalle a este bar seriedade e profesionalidade. Creo que estes cores son os cores adecuados xa que eu o blanco e o negro enlazoos ca hostelería. A tipografía é agradable e lexible, aínda que ao non ter ningún tipo de logo pode perxudicalo á hora de recoñecelo.
                                       
Vinoteca albarella: Pareceme que a utilización de esta tipografía é a axeitada para este negocio dándolle seriedade e elegancia ao establecemento, adxetivos que creo que son necesarios para un sitio donde venden viño. De todas formas non creo que sexa un logo fácil de recordar, punto en contra.



Viva María: Viva María é un establecemento donde realizan tatuaxes, fan piercings e venden produtos para o cultivo de cannabis. Obviamente, tras esta última aclaración, creo que o nome para a tenda é o axeitado. e creo que a tipografía e o dibuxo tamén son axeitados xa que son fáciles de recoñecer. 

Panadería Mario: A tipografía deste establecemento é agradable á vista (cousa que creo que é necesario dado a que vai ser un letreiro que vas ver, supostamente, todos os días) e ao meu parecer, da un aspecto de limpeza e orde.

Ruibal: Ruibal é unha asesoría de empresas, lugar que necesita realmente unha tipografía seria. Creo que colocar a tipografía sobre un lugar de metal aportalle limpeza e seriedade, e tamén considero que a tipografía utilizada é a correcta xa que é fácil de recoñecer (a ''i'' en vermello axuda e dalle un toque máis profesional).

INCORRECTAS:

Asesoría Feyca: A tipografía creo que quedou un pouco anticuada, pero creo que dentro do malo, non está tan mal. O logo é recoñecible, pero as cores non me agradan moito, e que ''Inmobiliara-Seguros'' esté en un tamaño maior que o nome non me parece correcto.

Café Bar Refugio: A utilización de tres letreiros xa non me parece nada atractivo, e menos si en cada un deles a tipografía é diferente. Podíamos poñer a excusa que moitas veces os letreiros destes establecementos están patrocinados por ''x'' marcas, pero non é o caso. Nin recoñecibles nin agradables.
J. Gomez: Creo que o letreiro desta joyería quedou anticuado. O letreiro superior, que supoño que será o ''oficial'' da tenda, creo que está anticuado sobre todo á hora de colocar o nome da empresa sobre esa ''estrela'' vermella horrenda. A tipografía agradécese que sea igual a dos dous letreiros, pero de todas formas non creo que sea profesional e elegante.
Gestido:Gestido é un taller. Non me gusta nada a tipografía utilizada nin o logo, xa que non me parece agradable nin profesional, ao igual que me parece que o espazo utlizado está moi vacio. Sí que pode ser recoñecible, pero non me parece nada profesional e da unha imaxe de descoido.

Doña camiseta: Neste establecemento realízanse impresións sobre camisetas, ou eso creo, porque o letreiro da a entender que só son camisetas. Tras a orixinalidade do nome, a tipografía e os colores non axudan. A tipografía non é nada agradable nin profesional, e os cores, aínda por encima ca cor rosa nas paredes, menos. Non me parece un letreiro nada axeitado.















                                     


No hay comentarios:

Publicar un comentario