domingo, 6 de diciembre de 2015

Artists Upstairs

Difinitivo:



Parte dos bocetos:
 

Traballo para o centro social:

  Este ano, tras unha oferta, todos os alumnos de 2º D mergullámonos nun proxecto que, de primeiras, tiña moi boa pinta. O traballo era ''sinxelo'', facer uns carteles, con temática libre, para empapelar unhas ventanas dunhas casas abandonadas da rúa principal. Que artista diría que non? Fixemos grupos e dividimos as fachadas. Nós eleximos a unha con balcón, amor a primeira vista. En canto pudemos, xa nos puxemos a bocetear e como máis ou menos todo o meu grupo temos gustos e temáticas moi parecida, non tardamos en dar ca idea que tíñamos máis ou menos en mente.

 Dicidimos que as tres imaxes foran como unha soa, pero á vez, un mundo totalmente diferente, que se puidera mirar tamén individualmente. A ventana co balcón foi sin duda a cousa que primeiramente discurrimos, pero as outras, aínda que con un pouco máis de traballo, non tardaron en vir.

  Tivemos que ir medir as ventanas. Alá nos ves co jefe de obra dun lado da asera (un señor moi ''amable'') a outro de nós (que iba cambiando porque a todos nos fasía ilusión. Ou todos queríamos morrer, non sei) encima dunha escaleira de dous metros aprox que non nos levataba unha m***a do chan, e cun metro atado a un pau dunha escoba que nos deixaron no bar do lado. Neste momento de aventura alá viñeron a ghravarnos, sí, unha expléndida idea.

  Nós fomos o único grupo que non tan só dicidiu facer os carteles a ordenador, si non que queríamos que tuveran algho realmente noso e traballar sobre eles, pa ter algo máis ''intimo'' entre o papel e a nosa mente. Pasamos as cousas que tiñan que ser a ordenador a ordenador e o mércores, pasámonos por Serarte. Alí explicamoslle a nosa situación e dixéronnos que en un día no lo tiñan sen problema que llo leváramos ao día seguinte, pero que de todas formas lle deixara un número de teléfono e que en canto chegara o responsable me chamaban (aínda estou esperando, a ver si lle acorda algún día). O xoves sacamoslle a foto a Valeria e pasei todo outra vez a ordenador, correxindo erros.

  O xoves entregámosllo pola mañán e dixéronnos que en problema que o venres a mañán o tíñamos. ''Por fin termináramos cos problemas'', creíamos. O venres a mañá pasámonos e obviamente non estában, Valeria deixoulle o seu número de teléfono e dixéronlle que a chamarían en canto estuveran. Quedamos todos en Boiro á espera dos carteles, pero non habia noticias deles. Paula volveu a ir e dixéronlle que as 18:30 terían que estar, pero que novamente, chamaban.

  Deron as 7 e non había chamada ningunha e Andrea e eu dicidimos baixar a ver que pasaba. Chegamos e estaban todos os carteles impresos menos os nosos. Seica tiveran un problemiña cas imaxes. Entramos pa dentro e foron en busca da folla que lle entregáramos cas medidas das ventnas, e alí, ben en grande, tiñan os nosos números de teléfono. No, non puderon pegarnos un toque e informanos que tiveran un problema. Mandaronnos volver as 20:00.

  Volvemos as 20:00 e houbera outro problema. Solucionámolo e por fin, traíamos dunha vez os carteles pa o piso. Estendemolos e comezamos a traballar sobre eles (cerca das 21:00 do venres).

  No primeiro que traballamos foi naventana número 3, na que aparece un cristal escachado. Sobre el, manchamos as mas e pegámolas, para semllear que alguén, desde dentro, tentaba salir. Logo proseguimos co segundo, donde dibuxamos un porro e por último, dibuxamos no cartel da primeira ventana. Dibuxamos o árbol enteiro e comezamos o ollo. O ollo tivemos que rematalo á mañá seguinte, antes de ir para o centro social, e por desgracia, non nos dou tempo, por todo o ocurrido, a facer o pelo.

  O meu grupo chegou ao centro social e non lle permitiron pegar os carteles porque non nos fixeran o seguro. Ese seguro que teoricamente tamén non tiñan que haber feito cando estabamos medindo e en vez de eso, dedicáronse a gravar. Tentamos pegar os carteles na nosa fachada, pero insistindo ou non, non no lo permitiron, só nos deron ''alternativas'' que non aceptamos (outra xente aceptounas e terminaron os seus carteles como terminaron, rotos).

  Os nosos carteles aínda siguen vivos, e ben refuxiados da chuvia e de calquera personaje deses que se dedican a rompelos.

  Desta aventura debemos quitar un aprendizaxe, que creo que nos quedou ben claro. No mundo as cousas son así, e xente que non cumple, ou mal e arrastro, vaino haber en todas partes.

Boceto
Ollo pintado sobre a man
Árbol e ollo
Ventá con balcón (sen traballar)



Primeira ventá (Sen traballar)
Terceira ventá (Sen traballar)

Coa colaboración de:
  -Mario Pena
  -Andrea Pérez
  -Paula Ordóñez
  -Valeria Martínez

Figura por nodos

Orixinal:                                                                            Nodos:
 

Cartel tipográfico


PROBAS:






SAFARI TIPOGRÁFICO

CORRECTAS:
O miudiño: Creo que a utilización do blanco sobre o negro dalle a este bar seriedade e profesionalidade. Creo que estes cores son os cores adecuados xa que eu o blanco e o negro enlazoos ca hostelería. A tipografía é agradable e lexible, aínda que ao non ter ningún tipo de logo pode perxudicalo á hora de recoñecelo.
                                       
Vinoteca albarella: Pareceme que a utilización de esta tipografía é a axeitada para este negocio dándolle seriedade e elegancia ao establecemento, adxetivos que creo que son necesarios para un sitio donde venden viño. De todas formas non creo que sexa un logo fácil de recordar, punto en contra.



Viva María: Viva María é un establecemento donde realizan tatuaxes, fan piercings e venden produtos para o cultivo de cannabis. Obviamente, tras esta última aclaración, creo que o nome para a tenda é o axeitado. e creo que a tipografía e o dibuxo tamén son axeitados xa que son fáciles de recoñecer. 

Panadería Mario: A tipografía deste establecemento é agradable á vista (cousa que creo que é necesario dado a que vai ser un letreiro que vas ver, supostamente, todos os días) e ao meu parecer, da un aspecto de limpeza e orde.

Ruibal: Ruibal é unha asesoría de empresas, lugar que necesita realmente unha tipografía seria. Creo que colocar a tipografía sobre un lugar de metal aportalle limpeza e seriedade, e tamén considero que a tipografía utilizada é a correcta xa que é fácil de recoñecer (a ''i'' en vermello axuda e dalle un toque máis profesional).

INCORRECTAS:

Asesoría Feyca: A tipografía creo que quedou un pouco anticuada, pero creo que dentro do malo, non está tan mal. O logo é recoñecible, pero as cores non me agradan moito, e que ''Inmobiliara-Seguros'' esté en un tamaño maior que o nome non me parece correcto.

Café Bar Refugio: A utilización de tres letreiros xa non me parece nada atractivo, e menos si en cada un deles a tipografía é diferente. Podíamos poñer a excusa que moitas veces os letreiros destes establecementos están patrocinados por ''x'' marcas, pero non é o caso. Nin recoñecibles nin agradables.
J. Gomez: Creo que o letreiro desta joyería quedou anticuado. O letreiro superior, que supoño que será o ''oficial'' da tenda, creo que está anticuado sobre todo á hora de colocar o nome da empresa sobre esa ''estrela'' vermella horrenda. A tipografía agradécese que sea igual a dos dous letreiros, pero de todas formas non creo que sea profesional e elegante.
Gestido:Gestido é un taller. Non me gusta nada a tipografía utilizada nin o logo, xa que non me parece agradable nin profesional, ao igual que me parece que o espazo utlizado está moi vacio. Sí que pode ser recoñecible, pero non me parece nada profesional e da unha imaxe de descoido.

Doña camiseta: Neste establecemento realízanse impresións sobre camisetas, ou eso creo, porque o letreiro da a entender que só son camisetas. Tras a orixinalidade do nome, a tipografía e os colores non axudan. A tipografía non é nada agradable nin profesional, e os cores, aínda por encima ca cor rosa nas paredes, menos. Non me parece un letreiro nada axeitado.















                                     


Portada revista


lunes, 12 de octubre de 2015

Caligrama exterior:

Frío
Cheguei a ver amenceres
en días de néboa.
Camiñei baixo a friaxe da choiva
cun paraguas de aceiro
deténdome no rostro das persoas.

Non sabía que facía alí,
nun inexistente paracaídas 
con ganas de partir.
(Noelia Gómez)

domingo, 11 de octubre de 2015

Caligrama interior:

 DIFINITIVO:



EVOLUCIÓN CALIGRAMA: 
Cuarta proba

Terceira proba

Segunda proba


Primeira proba


Texto: Noelia Gómez
(Contido adicado a Carlos Rey)
fotografías:
Primeira e segunda proba: Noelia Gómez
Difinitiva e cuarta proba: Carlos Rey


martes, 29 de septiembre de 2015

Tipografía


A tipografía, realizada por min, representa perfectamente a unha persoa impulsiva (á hora do trazo), a unha persoa simple (non se distinguen as maiúsculas das minúsculas) e á vez, a unha persoa ordenada á que non lle gustan as cousas recargadas pero sí adornadas.